Sítio na rede para denunciar o projecto de urbanizaçom que pretende borrar do mapa umha das poucas fragas de espécies autóctonas que há em Ferrol
correio-e: menancaro@gmail.com

quarta-feira, novembro 30, 2005

Exposiçom fotográfica intereactiva

PARTICIPA ENVIANDO AS TUAS FOTOS
[Preme no cartaz para vê-lo mais grande]

--> Leer más...

sexta-feira, novembro 25, 2005

Acto na defesa da fraga de Menáncaro

PALESTRA NA DEFESA DA CARVALHEIRA DE MENÁNCARO
1 DE DEZEMBRO, QUINTA-FEIRA, ÀS 19:00 HRS.
Na sala de actividades do Ateneo Ferrolán.

+ Apresentaçom dum vídeo elaborado pola SGHN
[de 7 minutos de duraçom]

+
Palestra, com a intervençom de:
- Antonio Gómez
- Juan Ignacio Da'Silva
- Antón Fortuna

Organiza: SGHN - Sociedade Galega de Historia Natural
Colabora: ADEGA - Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza

--> Leer más...

Non á especulación

NON Á ESPECULACIÓN.

Conservemos a Carvalleira de Menáncaro.

A CARVALLEIRA DE MENÁNCARO é unha das poucas manchas de bosque autóctono que se conserva no concello de Ferrol, xunto coa Fraga de Monte Fontelo(A Graña), Fraga da Pega e da Casa do Monte(Leixa) e o aciveiral das Forxas(Covas). Un dos feitos que fai de Menáncaro unha carvalleira singular é a presencia de individuos centenarios de porte excepcional, base dun bosque maduro e de gran biodiversidade. Hoxe está en perigo pola inminente construcción dunha urbanización de chalets (as avantaxes nunca son para tod@s).

A pesar das reiteradas campañas de ADEGA-Trasancos e as alegacións realizadas pola SGHN e propietari@s afectad@s,e ignorando a riqueza destas manchas boscosas, a Administración local non só non se interesa na creación dalgunha forma de protección, senon que está disposta a permitir que a cultura do cemento e o feísmo arquitectónico destrúan un ben de incalculable valor natural, cultural e emocional.

Por todo isto cremos preciso manter e facer medrar este movemento de defensa dos bosques autóctonos e as formas de vida vencelladas a eles. Existen algunhas mostras exemplares de organización para a defensa da árbore e dos bosques autóctonos.

A continuación unha breve reseña:

O MOVEMENTO CHIPKO: as mulleres que apertan árbores. Chipko significa aperta nunha das numerosas linguas indias. E iso é o que facían na década dos `70 un grupo de mulleres do Himalaia para evitar a tala da selva virxe, base da súa estructura socio-económica e cultural. Na actualidade é un movemento amplo que busca a protección das masas boscosas autóctonas, así como modos de producción agrícola respetuosos co medio ambiente e un emprego comunitario e non exclusivamente madeireiro da selva. A auga é un ben común e non explotable.

PERMACULTURA, directamente relacionada co anterior parágrafo, resume o concepto dun ecosistema onde prantas, animais e humáns conviven en equilibrio simbiótico. Polo tanto defende o uso tradicional e non abusivo do bosque. Bill Mollison é un gran expoñente deste movemento.

O CINTO VERDE DE KENIA. Liderado pola recentemente galardoada Wangari Mathai é un movemento feminista que busca, non só a recuperación forestal do país, tamén a integración social e laboral das mulleres, a súa formación para dar pulo ó movemento, evitar a crecente emigración do rural cara o urbán, a recuperación de modos de producción agrícola tradicional e non agresiva co medio,...

BUTTERFLY subiu á secuoia Lúa, de 1800 anos, para evitar que as motoserras a botaran abaixo. Entre as súas polas pasaría os seguintes 738 días. Unha mostra individual, pero valiosa do chipko indio nos nosos días que serviría para concienciar á sociedade norteamericana sobre a necesidade da defensa dos bosques milenarios de secuoia vermella.

ASOCIACIÓN RIDIMOAS: Constitúese en 1989 a partir dunha experiencia no IESP de Ribadavia. A súa actividade céntrase en mercar parcelas de bosque e realizar sobre elas tarefas de recuperación de flora, fauna e solo.


Máis información en:

http://www.adegagaliza.org
adega_trasancos@eresmas.com
Tlf. 616 039 268

http://www.ospicosdosol.org
--> Leer más...

domingo, novembro 20, 2005

Fotografias do Roteiro pola Fraga de Menáncaro, do 20 de Novembro de 2005






















--> Leer más...

Conservemos a Carvalheira de Menáncaro

CONSERVEMOS A CARVALLEIRA DE MENÁNCARO
EVITEMOS A SÚA URBANIZACIÓN


Sabías que as fragas son un dos ecosistemas forestais de maior riqueza botánica e faunística que temos na Galiza e que, debido ao seu esquilme secular, na actualidade só ocupan o 12,5 % da superficie galega?.

Sabías que, debido ás talas indiscriminadas, eucaliptización de montes e vales, proxectos urbanísticos e industriais, infraestructuras, etc. As fragas desapareceron prácticamente do Concello de Ferrol e da bisbarra?.

Sabías que as derradeiras representacións deste tipo de formacións boscosas localízanse hoxe en día nas parroquias ferrolás de Serantes (Fraga de Menáncaro), A Graña (Fraga de Monte Fontelo), Leixa (Fragas da Pega e de Casa do Monte) e Covas (Acivreiral das Forxas)?.

Sabías que, apesares da súa escaseza, importancia ecolóxica e cultural, estas masas arbóreas carecen de proteción legal no municipio ferrolán?.

Sabías que a carvalleira que integra a Fraga de Menáncaro, na que existen carvallos centenarios, va¡ destruirse pola construcción dunha urbanización ("Plan de Sectorización de Menáncara-Serantes")?.

Sabías que un dos proprietarios desta carvalleira é o Sr. Juan Fernández García, Teniente de Alcalde do Concello de Ferrol, posuindo a parcela de maior superficie?.

Sabías que, tanto o Governo local (PP-1F) como a oposición (PSOE, BNG e IU) non fixeron, nen fan, absolutamente nada para evitar a extinción destas masas arbóreas autóctonas no municipio ferrolán?.

Sabías que desde o ano 2001 vense reivindicando a conservación das devanditas fragas e que tanto o Governo local anterior (BNG-PSOE) como o actual (PP-1F) amosaron nulo interese por esta demanda?.

Ah!, non o sabías?. A que esperas entón!. Móvete xál. Colabora con ADEGA na defensa deste patrimonio forestal, antes de que sexa demasiado tarde (adegatrasancos@eresmas.com Tf. 616039268).
--> Leer más...

quarta-feira, novembro 16, 2005

Entre o 2003 e o 2004

* 03/02/2003.- Membros de ADEGA (Trasancos) entrevistanse co Concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Ferrol para falar, principalmente, das actuacións que o Concello tiñaprevisto para combater a maré negra do petroleiro Prestige nos areais Ferrolans. Mais aproveitouse a entrevista para falar tamén da proteción das fragas residuais do territorio municipal.

* 07/03/2003.- ADEGA (Trasancos) remite un comunicado de prensa aos meios de comunicación locais chamando a atención sobre a destrución da Fraga da Pega (Leixa), si se leva a cabo o polígono industrial de Leixa promovido polo Concello de Ferrol.

* 20/03/2003.- Remítese un comunicado de prensa aos meios de comunicación locais informando que con motivo do Dia Forestal Mundial, o Venres 21 de marzal, ás 12:00 hs, ADEGA (Trasancos) tiña previsto un acto reivindicativo na Praza de Armas de Ferrol para demandar, unha vez máis, a protección das fragas de Menáncaro, A Pega, Casa do Monte, Fontelo, As Forxas, etc. No comunicado, expuseronse ademäis a ameazas que padecian ditas masa árboreas.

* 21/03/2003.- Ás 12:30 hs, ADEGA (Trasancos) celebra na Praza de Armas de Ferrol o Dia Forestal Mundial mediante o désplegue dunha pancarta na que se lía "Conservemos os bosques autóctones. Menáncaro, A Pega, Fontelo, ... ". O acto aproveitase para recoller sinaturas a favor da conservación de ditas fragas e repartir un pasquín sobre a súa situación, reivindicando a sua protección.

* 27/03/2003.- O Secretario de ADEGA (Trasancos) entrevístase, simultáneamente co Concelleiro de Urbanismo do Concello de Ferrol, o Sr. Xosé X. Lastra e co Concelleiro de Medio Ambiente, o Sr, Xaquín Ros, para falar da destrucción da Fraga da Pega (Leixa), do Castro de Leixa e das Veigas do Rio Freixeiro como consecuencia da construcción do Polígono Industrial promovido polo Concello de Ferrol na parroquia de Leixa. O Concelleiro manifesta que o catálogo de masas forestais e de xacementos arqueolóxicos do municipio vaise someter a pleno para modificar o P.X.O.M. en vigor, co obxecto de preservar tanto as masas arbóreas de interese como os xacementos arqueolóxicos. Asimesmo, os Concelleiros manifestan tamén a sua vontade de compatibilizar a conservación de, cando -menos, a Fraga da Pega e do Castro de Leixa, co polígono industrial previsto.

* 14/04/2003.- Remítese (vía fax) un escrito á Delegación e Subdelegación do Goberno español para comunicar que o dia 21 do mesmo mes, aproveitando a celebración da Romaria de Chamorro (Serantes), ADEGA (Trasancos) repartiría entre os/as romeiros/as un panfleto informativo e recollería sinaturas para demandar a conservación e protección dos bosques autóctonos ferrolans.

* 21/04/2003.- Aproveitando a popular Romaria de Chamorro (Serantes), ADEGA (Trasancos) pendura unha pancarta na interseción da estrada de Chamorro coa de Covas, co lema "Protección da Fraga de Menáncara, Nom á Urbanización" para, un ano máis, demandar tanto a protección desta fraga como doutras existentes no territorio municipal, ameazadas por plans urbanísticos, vias rodadas, polígonos industriais, talas indiscriminadas, etc. Ademáis, répartense arredor de catromil (4.000) panfletos informativos entre as/os romeiras/os durante toda a xornada e recollense cincocentas noventa e unha (591) sinaturas en defensa das fragas ferrolás. Un ano máis, membros/as da delegación de ADEGA xantan na carvalleira de Menáncaro.

* 05/2003.- ADEGA (Trasancos) remite un escrito (vía fax) á Subdelegación do Goberno español informando que o dia 5 de xuño, ás 12:00 hrs, con motivo do Día Mundial do Ambiente, instalariase unha mesa na Praza de Armas de Ferrol para recoller sinaturas en defensa das fragas existentes no termo municipal, ademáis do desplegue dunha pancarta alusiva e do reparto de folletos informativos á cidadania, nos que se reivindicaba a conservación e protección das citadas masas arbóreas autóctonas.

* 31/O5/2003.- ADEGÁ (Trasancos) entrega no Rexistro Municipal do Concello de Ferrol un escrito informando da recollida de sinaturas na Praza de Armas de Ferrol o día 5 de xuño, con motivo do Dia Mundial do Ambiente; da exhibición dunha pancarta e do reparto de folletos informativos á cídadania, nos que se reivindicaba a conservación e protección das citadas masas arbóreas autóctonas.

* 04/06/2003.- ADEGA (Trasancos) remite un comunicado de prensa aos meios de comunicación locais informando que o dia 5 de xuño, ás 12:00 hs, con motivo do Dia Mundial do Ambiente, recollerianse sinaturas na Praza de Armas da cidade de Ferrol e repartiríanse folletos informativos á cidadania para demandar a conservación e protección das últimas fragas existentes no territorio municipal.

* 05/06/2003.- Con motivo do Dia Mundial do Ambiente, ADEGA (Trasancos) instala unha mesa na Praza de Armas da cidade de Ferrol (entre as 12:00 e as 14:00 hrs) papara recoller sinaturas en defensa das últimas fragas residuais do termo municipal. Asimesmo, desplega unha pancarta alusiva e repartense folletos á cidadania para informar da situación das devanditas fragas.

* 14/10/2003.- A raiz da nova xurdida nos meios de comunicación locais (Diario de Ferrol, 08/10/2003), sobre a pretensión do Conceilo de Ferrol de vender a parcela que forma parte da Fraga da Casa do Monte (parroquia de Leixa) para encher as arcas municipais, calificada no PXOM de Ferrol como Solo Industrial, o Secretario de ADEGA (Trasancos) entrevistase ás 11:30 hs da mañá co Concelleiro de Urbanismo, o Sr. Francisco Pita-Romero, para demandar a protección tanto da citada fraga -evitando a sua venda- como das de Menáncaro (Serantes), A Pega (Leixa), Monte Fontelo (A Graña) e As Forxas (Covas). O Secretario da delegación entregalle ao Concelleiro unha copia do escrito no que ADEGA (Trasancos) solicitara ante o Concello a conservación e protección das citadas fragas, entregado no Rexistro Municipal o 05/10/2001. O Concelleiro cuestiona a posibilidade de preservar a parcela da Fraga da Casa do Monte posta á venda, alegando que xa era demasiado tarde dado que o momento oportuno foi cando se revisoú o PXOM ferrolán e non agora que xa estaba calificada como Solo Industrial. Non obstante, comprometese verbalmente a estudar o asunto unha vez lido o escrito de ADEGA (Trasancos) no que se demanda a preservación das devanditas fragas.

* 14/10/2003.- Ás 16:00 hs da tarde, o Secretario de ADEGA (Trasancos) e vários/as membros/as da SGHN (Ferrol), dirixense á Fraga de Menáncaro (Serantes) para tomar imaxes da mesma con unha cámara dixital de video, co ohxecto de elaborar un pequeno documental. .

* 15/10/12003.- ADEGA (Trasancos) entrega no Rexistro Municipal do Concello de Ferrol un escrito no que solicita unha entrevista simultanea co Alcalde e co Concelleiro de Medio Ambiente para falar da protección para as últimas fragas ferrolás, entre outros asuntos.

* 23/10/2003.- Ás 16:00 hs da tarde, membros de ADEGA (Trasancos) e da SGHN (Ferrol) dirixense á Fraga da Casa do Monte -previa autorización do propietario- para grabar cunha cámara de video dixital imaxes tanto da fraga como do pazo existente, co obxecto de facer un pequeno documental.

* 11/12/2003.- Ás 10:00 hs da mañá, o Vicepresidente e o Secretario de ADEGA (Trasancos) manteñen unha entrevista simultanea co Alcalde-Presidente do Concello de Ferrol, o Sr. Juan Juncal e co Concelleiro de Medio Ambiente, o Sr. Amador Silvar, tras solicitalá por escrito previamente, para falar de diversos asuntos ambientais que afectan ao territorio municipal como a protección das últimas fragas ferrolás, entre outros asuntos. En metade da entrevista o Alcalde ausentase alegando motivos de axenda, amosando desde o principio escaso interese polos asuntos a tratar. A xuntanza continua co Concelleiro de Medio Ambiente até as 11:30 hs sen chegar a tratar a totalidade dos asuntos, dado que tiña que asistir a unha, Comisión de Goberno. Tras versé obrigados a concluir a xuntanza, o Vicepresidente e o Secretario de ADEGA (Trasancos) entregan un escrito no Rexistro Municipal do Concello no que expoñen as consideracións da devandita asociación aos asuntos que se quixeron tratar ademáis de solicitar a solvencia dos mesmos.

* 29/12/2003.- ADEGA (Trasancos) entrega un escrito no Rexistro do Concello de Ferrol no que solicita un exemplar do "Catálogo de masas arbóreas e de exemplares de interese dentro do ámbito da zona rural do Concello de Ferrol ". A día de hoxe continuamos agardando pola entrega dun exemplar.

* 11/04/2004.- Aproveitando a Romaría de Chamorro, membros/as de ADEGA (Trasancos) penduran -unha vez máis- unha pancarta na confluencia da estrada de Chamorro coa de Covas na que se lía: "Proteción da Fraga de Menáncara. Non á Urbanización" para lembrarlles aos/ás romeiros que a devandita masa árborea continuaba ameazada.

* 19/06/2004.- A raíz do incendio forestal orixinado nos Montes de Brión a noite do 18/06/04, afectando pontualmente á fraga do Monte Fontelo (A Graña), o Presidente de ADEGA (Trasancos) fixo un chamamento ás autoridades competentes, a través dos meios de comunicación (Diario de Ferrol e La Voz de Galicia), para que extremaran a vixiancia nestá zona co obxecto de evitar que a Fraga de Monte Fontelo resultara destruida polo lúme; declaracións que foron publicadas no Diario de Ferrol o 20/06/04.
--> Leer más...

terça-feira, novembro 15, 2005

Entre 1995 e o 2002

* 28/12/1995.- Un particular denuncia ante o Concello de Ferrol un vertedoiro de entullos mesturado con R. S.U. que afectaba á Carvalleira de Menáncaro.

* 11/01/1996.- Outro particular denuncia ante o Concello de Ferrol o vertedoiro de entullos que afectaba á Carvalleira de Menáncaro.

* 15/01/1996.- Un particular solicita ante o Concello de Ferrol que a superficie calificada coa Ordenanza 18 (Tolerancia Edificación Contiguo Núcleo Rural) na zona de Menáncaro se sustituira pola Ordenanza 22 (de conservación e protección) para que ficara preservada toda a masa caducifolia.

* 16/11/1999.- ADEGA (Trasáncos) formula alegacións á Revisión e Adaptación do PXOM ferrolán nas que solicita a protección da Carvalleira de Menáncaro (Serantes), sustituindo a calificación do Solo Rústico Apto Para Urbanizar tipo A por Solo Rústico de Protección de Cauce e Paisaxe Agraria; alegación que foi desestimada polo Concello.

* 05/10/2001.- Trala tala indiscriminada do bosque rípicola do Regato da Sardiña, ADEGA (Trasancos) solicita formalmente ante o Concello de Ferrol a protección da Fraga de Menáncaro, mediante unha figura de protección, para evitar a sua desaparición ante a pretensión de urbanizar os terreos. No escrito tamén se pide a protección das fragas de Monte Fontelo (A Graña), da Pega e da Casa do Monte (Leixa), así como o Acivreiral das Forxas-Covarradeiras (Covas).

* 26/02/2002.- ADEGA (Trasancos) formula denuncia ante o Concello de Ferrol contra uns vertidos de terra no lugar de Menáncaro (Serantes) que carecian de licencia municipal e afectaban pontualmente á carvalleira existente no citado lugar.

* 01/04/2002.- Aproveitando a celebración da Romaria de Chamorro na parroquia de Serantes (Ferrol), ADEGA (Trasancos) pendura de varios postes do suministro eléctrico -situados na confluencia do vial que conduce á Ermida de Chamorro coa estrada de Covas- unha pancarta co lema: "Proteción da Fraga de Menáncara, Non á Urbanización ", para reivindicar -unha vez máis a proteción desta fraga residual ameazada pola tala das suas árbores e a urbanización dos terreos. Asimesmo, repartense entre os/as romeiros/as máis de milcincocentos (1.500) panfletos informativos sobre o asunto.

* 06/05/2002.- Entregase no Rexistro Municipal de Ferrol un escrito no que se informa da vulneración da Resolución adoptada polo Concello de Ferrol o 1 de marzo do 2002, respeito ao recheo de terra e a construción da pista denunciados no lugar de Menáncara (Serantes), que obriga a repoñer a legalidade urbanística, devolvendo o perfil do terreo ao seu estado anterior. No escrito especificase que o citado recheo foi retirado parcialmente, máis non na sua totalidade; que a pista non foi eliminada e que o relevo do terreo non foi devolto ao seu estado natural.

* 24/09/2002.- ADEGA (Trasancos) formula denuncia ante o Concello de Ferrol pola tala pontual de Loureiros e Sabugueiros nunha das marxes do Rego de Aneiros; cauce tributario do Rio da Sardiña.
--> Leer más...