Sítio na rede para denunciar o projecto de urbanizaçom que pretende borrar do mapa umha das poucas fragas de espécies autóctonas que há em Ferrol
correio-e: menancaro@gmail.com

quinta-feira, dezembro 29, 2005

Obradoiro didáctico

--> Leer más...

sexta-feira, dezembro 23, 2005

No 2005

* 21/01/2005.- A Plataforma polo Transporte Público e Sustentable de Ferrol, integrada por ADEGA (Trasancos), CGT,.EU-IU e NÓS-up, remite un escrito á Dirección General de Calidad y Evaluación Ambiental (Ministerio de Medio Ambiente) expoñendo as consideracións de dita plataforma aos tres corredores ferroviarios plantexados no "Estudio Informativo de Accesos Ferroviarios a las Obras de Ampliación del Puerto de Ferrol (Puerto Exterior) en el Cabo Prioriño Chico ". No escrito advírtese que ó trazado superficial do Corredor Norte afectaria ao Río da Sardiña e o seu contorno e que unha das bocas do tunel pódería afectar á Fraga de Menáncaro, entre outras consideracións.

* 21/03/2005.- Con motivo do Día Forestal Mundial, membros/as de ADEGA (Trasancos) entregan no Rexistro Municipal do Goncello de Ferrol arredor de mil (1000) sinaturas de apoio da cidadanía para demandar, unha vez máis, a proteción legal das fragas ferrolás de Menáncaro (Serantes), A Pega e Casa do Monte (Leixa), Monte Fontelo (A Graña) e As Forxas (Covas). En realidade, o número real,de sinaturas foi de oitocentas noventa e unha (891). A entrega de sinaturas foi cuberta polo Diario de Ferrol, El Correo Gallego, Radio Nacional, Radio Cope, Europa Press e Canal 31, os cales entrevistan ao Presidente de ADEGA (Trasancos) sobre o asunto. No Rexistro Municipal entregase, ademáis, un escrito no que se solicita novamente un exemplar do "Catálogo de masas arbóreas e de exemplares de interese dentro do ámbito da zona rural do Concello de Ferrol ".

* 30/04/2005.- O Comité de Defensa Natural e Patrimonial dos Montes de Brión e de Leixa; integrado por ADEGA (Trasancos), Clube de Montaña Ferrol, EU-IU, Galiza Solidaria, Nós-up, SGHN (Ferrol), veciñas/os de Brión e de Leixa, levan a cabo un roteiro pola parroquia de Leixa.- O roteiro, aberto a toda a cidadanía, partiú ás 10:00 hs da mañá da Casa do Monte, visitando previamente a carballeira existente nas inmediacións deste pazo. Depois visitouse a Fraga da Pega, Fonteiroa, o Castro de Leixa, as veigas do Río Freixeiro, a Hermida de Leixa, Ameneiral do lugar de Castro (Leixa) para lógo regresar ao mesmo lugar de partida. O obxectivo desté roteiró, no que participaron arredor de quince persoas, tivo como obxecto sensibilizar é dar a - coñecer aos/ás participantes a riqueza natural e patrimonial que posue a parroquia ferrolá de Leixa, parte da cal perderíase para sempre de levarse a cabo o polígono industrial (parque empresarial) previsto nesa parroquia.

* 26/07/2005.- Tras someterse a información pública o "Plan de Sectorización de Menáncara - Serantes" (D.0.G. n° 141 do 22/07/2005), ADEGA (Trasancos) remite un escrito ao Concello de Ferrol no que solicita copia da Memoria xustificativa, do Estudo de Impacto Ambiental e de diversos planos relacionados co devandito plan.

*19/08/2005.- ADEGA (Trasáncos) formula alegacións ante o Concello de Ferrol ao "Plan de Sectorización de Menáncara-Serantes" (D.O.G. n° 141 do 22/07/2005), tras someterse a información pública durante un mes. Ademáis, de persoarse ADEGA (Trasancos) como parte interesada no devandito expediente, solicita a desestimación do devandito Plan de Sectorización por implicar a destrución da carvalleira existente en Menáncaro. Asimesmo, demanda que se adopten as medidas oportunas para preservar íntegramente a citada carvalleira.

*25/08/2005.- O Presidente de ADEGA (Trasancos) convoca unha Rolda de Prensa na sede-do Ateneo Ferrolán, ás 12:30 hrs, para informar aos meios de comunicación sobre as alegacións formuladas por dita delegación ambientalista ao "Plan de Sectorización de 1Menáncara-Serantes". Á Rolda de Prensa asisten a Televisión de Galicia - TVG, o Diario de Ferrol e La Voz de Galicia. Á tarde, o Presidente da devandita delegación é entrevistado telefónicamente por unha xornalista de El Correo Gallego sobre o asunto de referencia.

*21/09/2005.- Trala presentación de alegacións ao "Plan de Sectorización de Menáncara-Serantes", membroslas de ADEGA (Trasancos) e da SGHN (Ferrol) manteñen unha xuntanza, ás 18:00 hs da tarde, na sede da Fundaçom Artábria para organizar unha campaña en defensa da Fraga de Menáncaro. Na xuntanza, acordase repartir panfletos, instalar unha mesa para a recollida de sinaturas, instalar un panel con fotografias das fragas ferrolás, etc., o día 7 de outubro (Día Mundial do Hábitat) na Praza de Armas de Ferrol, de 12:00 a 14:00 hs. ; Asimesmo, acordase organizar un breve percorrido pola Fraga de Menáncaro para o Domingo día 16 de outubro, ás 11:00 hs (ficando no cruce da Ermida de Chamorro) e mercar tres lenzos de tea para deseñar unhas faixas alusivas á proteción da Fraga de Menáncaro. Ademáis, acordase redactar un novo prego de sinaturas para demandar a preservación da devandita fraga.

*06/10/2005.- Con motivo do Dia Mundial do Hábitat (7 de outubro), ADEGA (Trasancos) remite un comunicado de prensa aos medios de comunicación (La Voz de Galicia, Diario de Ferrol, Localia TV, Canal 31, Cadena Dial, Radio Cope, TVG -Ferrol, Radio Fusión, El Correo Gallego e Radio, Galega-Ferrol) informando sobre a delicada situación que na . actualidade atravesan os hábitats forestais autóctonos do municipio ferrolán debido a inexistencia de accións políticas de verdadeiro caracter conservacionista. No comunicado pídese que se abandone a política destructiva que desde dito organismo vense practicando, apostando por un verdadeiro desenvolvemento sostibel dacordo cas directrices da Axenda 21 Local. Asimesmo, infórmase que o día 7 do mes en curso, aproveitando a celebración do dia do hábitat, vaise instalar unha mesa na Praza de Armas do Concello de Ferrol para recoller sinaturas, de 12:00 a 14:00 hs, a favor da conservación da Carvalleira de Menáncaro, ameazada pola urbanización dos seus terreos ("Plan de Sectorización de Menáncara-Serantes") e que o acto será aproveitado para informar á cidadanía sobre a situación das fragas ferrolás.

*07/1012005.- Arredór das 10:30 hs da mañá, o Presidente de ADEGA (Trasancos) é entrevistado en directo no programa "Ágora" de Radio Fusión (antes Radio Fene) sobre o acto reivindicativo relacionado coa conservación das fragas ferrolás, previsto ás 12:00 hs na Praza de Armas de Ferrol, coincidindo co Dia Mundial do Hábitat. Arredor das 11:00 hs, tamén é entrevistado telefónicamente pola Radio Galega (delegación de Ferrol), sobre o mesmo acto reivindicativo.

*07/10/2005.- Con motivo do Dia Mundial do Hábitat, ADEGA (Trasancos) instala, de 12:00 a 14:00 hs, unha mesa na Praza de Armas de Ferrol para recoller sinaturas á favor da conservación da Fraga de Menáncaro (Serantes), ameazada polo "Plan de Sectorización de Menáncara-Serantes", . ademáis de repartir entre os/as cidadans/as un panfleto no que se informaba da delicada situación que atravesan as fragas ferrolás. Asimesmo, desplegase unha pancarta alusiva á proteción, non só da Fraga de Menáncaro, senón tamén á de Monte Fontelo (A Graña), A Pega e Casa do Monte (Leixa) e o Acivreiral das Forxas (Covas) e instalase un panel con fotografias da Carvalleira de Menáncaro. Recolléronse un total de setenta e unha (71) sinaturas. O acto foi cuberto por diversos medios de comunicación.

*10/10/2005.- ADEGA (Trasancos) entrega no Rexistro do Concello de Ferrol un escrito informando da celebración, de 12:00 a 14:00 hs, dun acto reivindicativo na Praza de Armas para o día 14 do mesmo mes co obxecto de recoller máis sinaturas a favor da preservación da Carvalleira de Menáncaro (Serantes) e repartir un panfleto informativo á cidadanía ademáis de desplegar unha pancarta alusiva e instalar un pequeno panel para expoñer fotografias da devandita masa arbórea.

*13/10/2005.- ADEGA (Trasancos) remite aos medios de comunicación locais unha nota informativa para lembrarlles que o dia 14 do mes de referencia recolleríanse na Praza de Armas de Ferrol máis sinaturas a favor da conservación da Carvalleira de Menáncaro e que o dia 16 do mesmo mes previase un percorrido por dita masa arborea. _

*14/10/2005.- Apesares das condicións meteorolóxicas (orballo) ADEGA (Trasancos) instala, de 12:00 a 14:00 hrs, unha mesa na Praza de Armas de Ferral para recoller novamente sinaturas a favor da preservación da Fraga de Menáncaro (Serántes), ameazada polo "Plan de Sectorización de Menáncara-Serantes", ademáis de repartir entre os/as cidadans/as un panfleto no que se informa da delicada situacióri que atravesan as fragas ferrolás. Asimesmo, desplega unha pancarta alusiva á proteción; non só da Fraga de Menáncaro, senón tamén á de Monte Fontelo (Á Graña), A Pega e Casa do Monte (Leixa) e o Acivreiral das Forxas (Covas) e instala un panel con fotografias da Carvalleira de Menáncaro. Recolléranse un total de trinta (30) sinaturas.

*16/10/2005.- ADEGA (Trasancos) leva a cabo o percórrido previsto ás 11:00 hs da mañá pola Fraga de Menáncaro (Serantes), para que a cidadanía coñeza este patrimonio forestal ameazado polo "Plan de Sectorización de Menáncaro-Serantes". Arredor de coa.renta (40) persoas participan no percorrido pola devandita fraga. '

*18/10/2005.- ADEGA (Trasancos) remite (por Fax) un escrito á Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia no que solicita unha entrevista co Director Xeral para falar, no máis breve prazo posibel, sobre o "Plan de Sectorización de Menáncara-Serantes" ao implicar á destrución da Carvalleira existente en dito lugar.

*21/10/2005.- ADEGA (Trasancos) remite un escrito ao Concello de Ferrol no que solicita manter unha entrevista co Alcalde e co Concelleiro de Medio Ambiente, de forma simultanea, para falar do "Plan de Sectorización de Menáncara-Serantes" no máis breve prazo posibel.- Ademáis, como medida cautelar, solicítase que o Concello desautorice a tala de calquera árbore que forme parte da Carvalleira de Menáncaro, mentres non se resposten ás alegacións formuladas ao devandito plan e este non sexa aprobado definitivamente, se procede. Ademáis, remítese unha carta aos partidos da oposición (EU-IU, BNG e PSOE) para falar tamén do mesmo asunto.

*22/10/2005.- A raiz do obradoiro sobre o bosque autóctono organizado pola Concellería de Medio Ambiente de Ferrol na Aula de Ecoloxía Urbana, ADEGA (Trasancos) remite un comunicado de prensa aos medios de comunicación (Diario de Ferrol, La Voz de Galicia, Localia TV, Canal 31, Cadena Dial; Radio Cope, TVG-Ferrol, Radio Fusiótr, El Correo Gallego e Radio Galega-Ferrol) denunciando a hipocrisía deste acto cando o Concello está a promover unha urbanización ("Plan de Sectorización de Menáncara-S.erantes") no Lugar de Menáncaro que destruiría a carvalleira existente nese lugar, de levarse a cabo, e non facer absolutamente nada para protexer legalmente os últimos reductos de bosque autóctono non ripícolas que sobreviven a duras penas no municipio. No comunicado, recoméndase ao Concelleiro de Medio Ambiente que primeiro se conciencen el e os seus compañeiros de Governo sobre a importancia de preservar as fragas e predique co exemplo impedindo que se destrua a Carvalleira de Menáncara pola urbanización proxectada. No comunicado tamén se informa da entrevista solicitada co Alcalde, co Concelleiro de Medio Ambiente e cos partidos da oposición (EU-IU, BNG e PSOE).

*23/10/2005.- ADEGA (Trasancos) e veciños do lugar afectados polo "Plan de Sectorización de Menáncaro-Serantes" penduran unha pancarta nas inmediacións da confluencia da estrada de Cóvas coa da Ermida de Chamorro, na parroquia de Serantes (Ferrol), ca lenda "Proteción para a Fraga de Menáncaro. Non á urbanización", para chamar a atención sobre este asunto. A faixa foi pendurada a máis de catro metros do chan aproveitando dous postes do tendido eléctrico e do alumeado público.

*24/10/2005.- ADEGA (Trasancos) emite o seu segundo programa radiofónico "O Souto" na recentemente constituida Radio Fihspin (93.0 da F.M.), presentado en directo polo compañéiro Ernesto López, de 20:00 a 21:00 hs. Neste segundo programa falouse, entre outros asuntos, da campaña para preservar a Carvalleira de Menáncaro.

*25/10/2005.- ADEGA (Trasancos) remite (por fax) un escrito á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental no que solicita unha entrevista urxénte co Director Xeral para que, antes de adoptar unha resolucióm ao "Plan de Sectorización de Menáncara-Serantes", se escoiten as consideracións de ADEGA (Trasancos) ao respeito.

*26/10/2005.- O Presidente de ADEGA (Trasancos) entrevistase coa Concelleira do Grupo Municipal de EU-IU de Ferrol, Yolanda Díaz, e con dous membros máis dese partido (entre eles Ignacio Allegue), para coñecer a súa postura sobre este tema e pedirlles que fagan todo o posibel para evitar a destrución da carvalleira existente no lugar de Menáncaro pola urbanización proxectada. A Concelleira de EU-IU manifesta que o partido que representa está dacordo en preservar a carvalleira, comprometéndose verbalmente a facer todo o posibel pola súa conservación a pesares das dificultades legais existentes.

*26/10/2005.- Membros de ADEGA (Trasancos) e un veciño do lugar afectado polo "Plan de Sectorización de Menáncara-serantes" sustituen a pancarta pendurada nas inmediacións da confluencia da estrada de Chamorro coa de Covas o dia 23/10/05, danada polo vento, por outra nova co lema "A urbanización ameaza a carvalleira de Menáncaro ".

*27/10/2005.- O Presidente de ADEGA (Trasancos) entrevistase coa Concelleira do Grupo Municipal do BNG de Ferrol, Ana Maria Vérez, para coñecer a postura deste partido político sobre o "Plan de Sectorización de Menáncara-Serantes" e pedirlles que fagan todo o posibel para evitar a destrucción da Carvalleira de Menáncaro. A Concelleira do BNG manifesta que o partido que representa xa estaba atendendo este asunto, de feito fixeran varias declaracións nos medios de comunicación denunciando o "pelotazo urbanístico" que implicaría a éxecución de dito plan, ademáis de formular unha pregunta por escrito ao Alcalde da Corporación para aclarar certos aspectos da tramitación e da xustificación do mesmo, prevendo que se resposte no Pleno convocado para as 19:00 hs do mesmo día. Tamén indica que xurídicamente estaría moi complicado paralizar o plan e que a única via sería a política.

*27/10/2005.- Membros/as de ADEGA (Trasancos) e veciños/as afectados/as asisten ao Pleno Municipal convocado ás 19:00 hs do serán no que, entre outros asuntos, o Alcalde respostaria a pregunta efectuada pola Concelleira do Grupo Municipal do BNG, Ana Maria Verez, sobre a urbanización prevista no "Plan de Sectorizacíón de Menáncara-Serantes". Tras agardar até o final do acto, o Alcalde comunica que as cuestións plantexadas pola Concelleira do BNG serían respostadas por escrito.

*28/10/2005.- ADEGA (Trasancos) remite un comunicado de prensa aos medios de comunicación (Diario de Ferrol, Localia TV, Cadena Dial, Cope Ferrol, TLG Ferrol, Radio Fusión e La Voz de Galicia) para denunciar a retirada das pancartas alusivas á conservación da Carvalleirá de Menáncaro, penduradas na confluencia da estrada de Chamorro coa de Covas e no camiño asfaltado de Quia, mentres varios/as membros/as de ADEGA (Trasancos) asistian ao Pleno do 27/10/05. Aproveitase para denunciar tamén a presencia de madeiristas na zona e informase do escrito presentado ante o Concello de Ferrol para demandar do Governo local que se desestimara calquera solicitude de corta na carvalleira de Menáncaro mentres non se resolva definitivamente o expediente relacionado co "Plan de Sectorización de Menáncara-Serantes". Tamén se pide do Governo local que deixe de actuar como unha axencia inmobiliaria e suspenda a tramitación do citado plan de sectorización para evitar. a destrucción da carvalleira. Por último, informase no comunicado sobre o roteiro previsto pola Carvalleira de Menáncaro para o dia 6 de novembro.

*31/10/2005.- ADEGA (Trasancos) emite o seu terceiro programa radiofónico "O Souto" na Radio Filispím (93.0 da F.M.), de 20:00 a 21:00 hs. Neste terceiro programa falouse, entre outros asuntos, do "Plan de Sectorización de Menáncara-Serantes".

*02/11/2005.- ADEGA (Trasancos) entrega no Rexistro do Concello de Ferrol un escrito informando da celebración, de 12:00 a 14:00 lis, dun novo acto reivindicativo na Praza de Armas para ó dia 4 do mesmo mes co obxecto de recoller máis sinaturas a favor da preservación da Carvalleira de Menáncaro (Serantes) e repartir un panfleto informativo á cidadanía, ademáis de desplegar unha pancarta alusiva e instalar un pequeno panel para expoñer fotografias da devandita masa arbórea.

*04/11/2005.- ADEGA (Trasancos) ínstala novamente, de 12:00 a 14:00 hs, unha mesa na Praza de Armas de Ferrol para récoller máis sinaturas a favor da preservación da Carvalleira de Menáncaro (Serantes) e repartir entre os/as cidadans/as un panfleto no que se informaba da delicada situación que atravesan as fragas ferrolás. Asimesmo, desplegase unha pancarta alusiva á proteción, non só da Fraga de Menáncaro, senón tamén á de Monte Fontelo (A Graña), A Pega e Casa do Monte (Leixa) e o Acivreiral das Forxas (Covas) e instalase un panel con fotografias da Carvalleira de Menáncaro. Recóllense en total trinta e unha (31) sinaturas.

*05/11/2005.- Membros/as de ADEGA (Trasancos), da SGHN (Ferrol) e un veciño do lugar afectado polo "Plan de Sectorización de Menáncaro-Serantes" penduran unha nova pancarta nas inmediacións da confluencia da estrada de Covas coa da Ermida de Chamorro, na parroquia de Serantes (Ferrol), coa lenda "Conservemos a Carvalleira de Menáncaro. Non á urbanización ", tras ser saboteada a anteriormente existente.

*06/11/2005.- ás 11:00 hs, ADEGA (Trasancos) leva a cabo un roteiro póla Carvalleira de Menáncaro con numerosa participación e ambiente festivo. Arredor de sesenta (60) persoas participan na marcha pola citada carvalleira, encabezada por gaiteiros e percusionistas que animaron o acto reivindicativo. Ante o éxito deste percorrido, convocase outra marcha para o día 20/11/2005.

*07/11/2005.- O Presidente de ADEGA (Trasancos) entrevistase, arredor das 18.-00 hs, cos Concelleiros do Grupo Municipal do PSOE de Ferrol, Manuel Lorenzo Ramos e Mercedes Carbajales, para pedirlle a este partido que faga todo o posibel por evitar a destrucción da Carvalleira de Menáncaro, unha vez expostas as razóns para xustificar a conservación da citada masa arbórea. Aproveitase para convidar aos membros/as de dito partido a participar no roteiro previsto para o dia 20/11/05 pola Carvalleira de Menáncaro para que coñezan de primeira man o patrimonio forestal que se pretende destruir. Os Concelleiros do PSOE comprometense verbalmente a estudar a fondo o asunto para ver que posibilidades ha¡ de evitar a desfeita.

*10/11/2005.- ADEGA (Trasancos) entrega un escrito no Rexistro do Concello de Ferrol reiterando as alegacións formuladas ao "Plan de Sectorización de Menáncara-Serantes" e adxuntase como anexo das mesmas o "Informe sobre la flora y vegetación de la fraga de Menáncaro, Serantes (Ferrol, A Coruña)", elaborado polo Biólogo da Universidade de Santiago de Compostela, Jaime Fagúndez. No escrito solicítase que, dacordo ca Le¡ do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, se dicte resolución expresa sobre as alegacións formuladas por ADEGA (Trasancos) ao devandito plan e se lle notifique por escrito,dacordo con a sua condición de interesada; pois desde que se formularon as alegacións o Concello non respostou oficialmente nen informou sobre a situación da tramitación do expediente.

*10/11/2005.- ADEGA (Trasancos) entrega un comunicado de prensa na recepción do xornal Diario de Ferrol informando sobre o escrito apresentado no Rexístro do Concello de Ferról no cal se reiteran as alegacións formuladas ao devandito plan; se adxunta o "Informe sobre la flora y vegetación de la fraga de Menáncaro, Serantes (Ferrol, A Coruña)" da Universidade de Santiago de Compostela; se demanda que se dicte resolución expresa sobre as alegacións formuladas por AIDEGA (Trasancas) ao "Plan de Sectorización de Menáncara-Serantes" e se lle notifique por escrito. No comunicado tamén se chama a atención sobré o feito de que a Dirección Xeral de Urbanismo devolva o expediente só por non estar asinados todos os planos, cando existen outras irregularidades como qúe o Estudo de Impacto Ambiental careza de rigor e de obxectividade e sexa unha copia doutro E.LA. Tamén se-informa do roteiro previsto pola Carvalleira de Menáncaro para o día 20/11/05.

*10/11/2005.- Un membro de ADEGA (Trasancos) é entrevistado, en directo no programa "NH" de Radió Filispím (93.0 da FM) sobre a urbanización que afecta á Carvalleira de Menáncaro, ademáis doutros asuntos.

*15/11/2005.- Publicaçom dum Blog para informar, coordenar e denununciar sobre tudo o que aconteça aoredor da luita pola defesa da Crvalheira de Menáncaro.

*18/11/2005.- ADEGA (Trasancos) e a Asociación Cultural "Os Picos do Sol" remiten un comunicado de prensa aos meios de comunicación locais (Diario de Ferrol, Localia TV, Canal 31, Cope Ferrol, Radio Fusión e La Voz de Galicia) informando do percorrido previsto pola Carvalleira de Menáncaro (Serantes), T.M. de Ferrol, para o Domingo día 20 de novembro, ás 11:00 hrs. No comunicado, infórmase tamén das actividades incluidas neste roteiro para os/as nenos/as como "a procura de pegadas na fraga" ou o contacontos "o home que prantaba árbores", ademáis de informar aos adultos do impacto ambiental que conlevaría o "Plan de Sectorización de Menáncara-Serantes" na carvalleira. Todo elo acompañado da música de gaitas e doutros instrumentos. A través do comunicado convídase a toda a sociedade ferrolá, incluidos partidos governantes e da oposición, para que coñezan a carvalleira que se pretende destruir.

*18/11/2005.- O Presidente de ADEGA (Trasancos) e varios veciños afectados polo "Plan de Sectorización de Menáncara-Serantes" entrevistanse co Concelleiro de Urbanismo de Ferrol, o Sr. Francisco Pita-Romero. Este disculpa a ausencia do Arquitecto da inmobiliaria promotora da urbanización que se prevé en Menáncaro por motivos de saúde. A proposta do Concelleiro foi a de manter o Plan de Sectorización previsto en Menáncaro mais coa posibilidade de facer unha serie de modificacións tendentes a conservar máis zona arborada da contemplada inicialmente. ADEGA (Trasancos) manifesta que dita medida non garantizaría o mantemento da biodiversidade na zona afectada ao non ser a urbanización previstá compatibel coa conservación da mesma. Asimesmo, pídeselle ao Concelleiro que evite a execución do plan de sectorización en Menáncaro por implicar a destrucción da carvalleira existente buscando, en todo caso, outro lugar alternativo para construir a urbanización. O Concelleíro, mantendose firme na súa postura, manifesta que de buscar outro emplazamento habería que indennizar económicamente aos proprietarios afectados de Menáncaro. En canto á protección legal da carvalleira dí que habería que facer unha revisión de todo o PXOM para recalificar os terreos, dado que non se podería facer unha modificación pontual. ADEGA (Trasancos) discrepa de tales afirmacións aclarando que a búsqueda doutro lugar alternativo ou a recalificación dos terreos de Menáncaro para protexer a carvalleira dependería da vontade política, pois legalmente sería posibel. Tamén se lle plantexa ao Concelleiro a posibilidade de permutar unha parcela municipal polos terreos de Menáncaro, ao que o Concelleiro respóstou que non se dispoñían de terreos municipais coa mesma calificación urbanística que Menáncaro. Apesares de que o Concelleiro de Urbanísmo defendeu en todo momento a súa proposta de manter o plan de sectorización en Menáncaro, interesouse por manter novos contactos.

*20/11/2005.- ADEGA (Trasancos) e a Asociación Cultural Os Picos do Sol levan a cabo un terceiro roteiro pola Carvalleira de Menáncaro no que se incluen outras actividades dirixidas aos máis novos como "a procura de pegadas na fraga ", consistente na identificación dos animais que habitan a fraga a través das súas pegadas, e o contacontos "o home que prantaba árbores" (este último non se levou a cabo finalmente), ademáis de informar aos adultos do impacto ambiental que conlevaría o "Plan de Sectorización de Menáncara-Serantes" na devandita carvalleira. Arredor de trintá e cinco (35) persoas participan na marcha pola citada carvalleira, encabezada por gaiteiros e percusionistas para animar o acto reivindicátivo.

*24/11/2005.- ADEGA (Trasancos) entrega un escrito no Rexistro da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia, dirixido ao Director Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no que se adxunta copia das alegacións formuladas por ADEGA a dito plan, copia do "Informe sobre la flora y vegetación de la fraga de Menáncaro, Serantes (Ferrol, A Coruña)" e copia das páxinas 21 e 22 do Catálogo de Bens Protexidos do PXOM ferrolán, para os efectos oportunos, dado que o expediente do "Plan de Sectorización de Menáncara-Serantes", está a ser revisado por dito organismo. Ademáis, solicítase que se axilice a entrevista solicitada no mes de outubro para que, antes de que se dicte resolución sobre o devandito plan de sectorización, se escóiten as consideracións de ADEGA (Trasancos) ao respecto.

*01/12/2005.- O Presidente de ADEGA (Trasancos) e unha representante da SGHN (Ferrol) entrevistanse en Santiago de Compostela co Director Xeral de Urbanismo da Conselleria de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte da Xunta, o Sr. Ramón Lueje. O obxectivo da entrevista foi denunciar as diversas irregularidades que presenta o expediente do "Plan de Sectorización de Menáncaro-Serantes" e pedir un informe desfavorabel ao respeito. Entre outras consideracións, indicouse que a Carvalleira de Menáncaro fica amparada polo Catálogo de Proteción de Bens do PXOM ferrolán e polo tanto non podería ser destruida pola urbanización prevista. O Director Xeral recoñece certas irregularidades do Plan de Sectorización de Menáncara-Serantes, mais a última palabra tíñaa a Conselleira. Previamente, entregase no Rexistro un escrito dirixido ao devandito Director Xeral de Urbanismo, adxuntando copia das alegacións formuladas por ADEGA (Trasancos) a dito plan, do informe botánico da USC e das paxinas 21 e 22 do Catálogo de Bens Protexidos do PXOM ferrolán, no que se catalogan con caracter xeral as masas de caducifolias do termo municipal. No escrito solicítase que se emita un informe desfavorabel e se requira ao Concello de Ferrol a protección integral da Carvalleira de Menáncaro.

*01/12/2005.- ADEGA (Trasancos) e a SGHN (Ferrol) presentan un DVD é organizan unha charla debate sobre os valores ambientais e as ameazas que padece a Fraga de Menáncaro e outro5 enclaves naturais do municipio. O acto levase a cabo no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán e arredor de 17 persoas asisten ao acto.

*04/12/2005.- ADEGA (Trasancos) e a Asociación Cultural Os Picos do Sol levan a cabo un cuarto roteiro reivindicativo polá Carvalleira de Menáncaro. Ainda que estaban previstas unha serie de actividades para os/as máis novos/as como "buscando rastros na fraga ", consistente na identificación dos animais que habitan a fraga a través das súas pegadas, e o contacontos "bosques con historia", finalmente non se levaron a cabo por non asistir nenos/as. Arredor de vinte e sete (27) persoas participan na marcha pola citada carvalleira, ao son de gaitas e tambores.

*07/12/2005.- ADEGA (Trasancos) entrega un escrito no Rexistro do Concello de Ferrol informando do pasárruas previsto, xunto coa Asociación Cultural Os Picos do Sol, para o 09/12/O5, ás 19:00 hrs, co obxecto de reivindicar a conservación da Carvalleira de Menáncaro.

*09/12/2005.- ADEGA (Trasancos) e Os Picos do Sol levan a cavo o pasarruas previsto as 19:00 hrs polas principais ruas e prazas do centro urbano de Ferrol para reivindicar a conservación da Carvalleira de Menáncaro (Serantes). A comitiva de gaiteiros, percusionaistas, disfraces de árbores e xente diversa partiú dos Cantóns de Molíns (Praza da Constitución) ás 19:30 hs en dirección á Praza de Armas a través das ruas Terra, Real, Mendez Núñez e Dores. Antes de rematar o acto, levase a cabo unha breve representación teatral na Praza de Armas e lese un manifesto.

*18/12/2005.- ADEGA (Trasancos) e a Asociación Cultural Os Picos do Sol levan a cabo un quinto roteiro reivindicativo pola Carvalleira de Menáncaro. Arredor de trinta e duas (32) persoas participan na marcha ao son das gaitas e dos tamborís.

*21/12/2005.- ADEGA (Trasancos) remite (por fax) un escrito ao Concello de Ferrol e á Subdelegación do Governo informandov do novo pasarruas previsto por ADEGA (Trasancos) e a Asociación Cultural Os Picos do Sol para o 23/12I05, co obxecto de reivindicar -unha vez máis- a conservación da Carvalleira de Menáncaro.

*23/12/2005.- ADEGA (Trasancos) e Os Picos do Sol levan a cabo o pasarruas previsto ás 19:15 hs polas principais ruas e prazas do centro urbano de Ferrol para reivindicar a conservación da Carvalleira de Menáncaro (Serantes). A comitiva parte dos Cantóns, de Molíns (Praza da Constitución) arredor das 20:15 hs, percorrendo as Ruas Terra, Real, Méndez Núñez, Dores e Praza de Armas onde, antes de rematar, leuse un manifesto. A pesares de remitir con varios dias de antelación un fax ao Concello de Ferrol e á Subdelegación do Governo informando do pasarruas, o acto foi boicoteado polo Governo local dado que non ordenou á Policía Local encabezar a comitiva para abrir paso e paralizar momentaneamente o tránsito de veículos, como se fixo no anterior pasarruas.
--> Leer más...

terça-feira, dezembro 20, 2005

Calendário de Actividades pola defesa da Carvalheira de Menáncaro


ACTIVIDADES POLA DEFESA DA FRAGA DE MENÁNCARO

Passa-ruas, obradoiros, roteiros, exposiçons

23 de Dezembro
Sexta-Feira
Desde as 18:30 hrs
Passa-Ruas Festivo
no Cantom de Ferrol

4 de Janeiro
Quarta-Feira
Desde as 18:30 hrs
Obradoiro Didáctico
no cantom de Ferrol

8 de Janeiro
11:00 hrs

no cruze da estrada da
Ermida de Chamorro
e a de Covas.

22 de Janeiro
Domingo
Roteiro pola Carvalheira
Desde as 11:00 hrs
no cruze da estrada da
Ermida de Chamorro
e a de Covas.



ROTEIROS NA DEFENSA DA CARVALLEIRA DE MENÁNCARO

ACTIVIDADES:
Buscando rastros na fraga.
Contacontos: Bosques con história.
Charla: Quen quere Menáncaro urbanizado.

A fraga de Menáncaro é o mellor rodal de bosque autóctono caducifolio do Concello de Ferrol, cós exemplares de maior idade.

Este espazo, xunto có val do río da Sardiña están recollidos dentro do "Catálogo de bens protexidos" incluido no plan xeral de ordenación municipal. Tanto na "Lei do solo" como no Plan Xeral do concello de Ferrol hai prohibición expresa de urbanizar neste espazos. A pesares de todo, o Concello insiste en levar adiante esta actuación urbanística.
--> Leer más...

A Carvalleira de Menáncaro en Perigo

MOBILIZATE

A democracia representativa só ten sentido se está baseada no participación activa da cidadanía, se non convértese nunha oligocracia no que unhas poucas persoas gobernan e deciden por todo un pobo. Como cidadás e cidadáns responsables temos o dereito e o deber de participar activamente nos decisións tomadas, manifestando o naso rexeitamento ante propostas que atenten contra os intereses xerais da sociedade.

No caso que nos ocupa, denunciamos as irregularidades urbanísticas que se están a levar a cabo neste concello, concretamente en Menáncaro, onde se proxecta realizar unha urbanización, a costa da destrución de case cinco hectáreas da fraga máis antiga e mellor conservada do naso concello.
Aínda snbendo que este proxecto vulnera o articulado de Le¡ do Solo, a Le¡ de Hábitats e o propio Plan Xeral de Ordenación Municipal, continúan coa súa teima de seguir adiante, desatendendo as nosas alegacións e reclamacións, malia tratarse dunha superficie incluida no Catálogo de Bens Protexidos do Concello de Ferrol.

A financiación dun concello non pode estar baseada unicamente no crecemento urbanístico, por medio da recadación de impostos ou a búsqueda da máxima rendibilidade económica do territorio, corréndose o risco da perda do patrimonio natural e cultural. Son políticas enganosas baseadas na idea dun desenvolvemento aparente que esconde a incapacidade de realizar unha xestión válida que dea solución aos problemas.

E por isto que demandamos do Concello de Ferrol a paralización deste proxecto urbanístico e a creación dunha figura de protección que garanta a conservación da Carvalleira de Menáncaro.
--> Leer más...

domingo, dezembro 11, 2005

Notícias nos jornais convencionais sobre a fraga de Menáncaro

LA VOZ DE GALICIA

Curiosa protesta ecologista. 10.12.2005

Una promotora privada propone construir 70 chalés en Menáncara
23/10/2005 Ferrol


El BNG califica de «pelotazo urbanístico» el proyecto de Pazos 26/10/2005 | Ferrol

Adega denuncia que un proyecto de urbanización en Serantes amenaza un bosque autóctono 26/08/2005 | Ferrol


DIARIO DE FERROL

El BNG insiste en que la urbanización de Menáncara no tiene justificación

Pita-Romero replica que el plan de Menáncara data del año 2000

El BNG pide que se incluya en el pleno de mañana una pregunta sobre Menáncara

Adega pide reunirse con Juncal para hablar sobre Menáncara

El BNG duda de la necesidad real de urbanizar en Menáncara

Notificación a los propietarios afectados por el plan de sectorización de Menáncara
Adega denuncia la delicada situación de los hábitats forestales del municipio

Adega esixe que se protexa a carballeira de Menáncaro


LA OPINIÓN DE A CORUÑA

La Xunta devuelve el proyecto de Menáncara por "defectos de forma" 06.11.2005
EL PLAN URBANÍSTICO PREVÉ LA CONSTRUCCIÓN DE UN POLÍGONO DE VIVIENDAS UNIFAMILIARES


LOS NACIONALISTAS LLAMAN "PIRATA DE LA POLÍTICA" A PITA-ROMERO
El BNG rechaza ser responsable de que se edifique en Menáncara 29.10.2005

Pita-Romero achaca al BNG la recalificación de Menáncara 28.10.2005

Ecologistas de Ferrol exigen que se proteja el bosque de Menáncara 17.10.2005

LOS NACIONALISTAS PREGUNTAN AL ALCALDE SI CREE ÉTICO APROBAR UN PLAN SOBRE TERRENOS DEL CONCEJAL
El BNG relaciona el proyecto de Menáncara con Juan Fernández 15.10.2005
--> Leer más...

Os partidos políticos diante do conflito da fraga de Menáncaro.

--> Leer más...

Menáncaro na revissom e adapataçom do Plano Geral de ordenaçom Municipal de Ferrol


No ponto b), do apartado 6, do Artigo 149, no Capítulo VI, do PXOM, fai-se umha mençom expresa à área de Menáncaro:

REVISIÓN E ADAPTACIÓN DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE FERROL

CAPÍTULO VI. Normas e ordenanzas reguladoras do solo rústico.

Art. 149. Usos, características e magnitudes das actuacións no solo rústico apto para urbanizar.

6. O sistema de dotacións, comunicacións, servicios e equipamentos que se estableza para a redacción dos Plans Parciais será como mínimo o resultado de:

b) As reservas establecidas para dotacións previstas no art. 22 LSG e concordantes do RP e o seu Anexo. O seu destino, deseño e emprazamento haberán de establecerse atendendo á mellora e complementariedade das dotacións dos núcleos rurais de contorno se os houbera e dos núcleos urbanos inmediatos.

En concreto, na área tipo A de Menáncara a disposición das reservas de espacios libres actuarán como áreas de protección do contorno do leito do rego e das masas de caducifolias, producindo unha análise de pormenor dos aterramentos posibles.


Ligaçom com o plano da área de Menáncaro e com guia de cores e ligaçom lordenanças:

http://www.ferrol.es/pxom/11A.html

Pode-se ver o a Revissom e Adapataçom do Plano Geral de Ordenaçom Municipal de Ferrol na seguinte ligaçom:

http://www.ferrol.es/pxom/

--> Leer más...

terça-feira, dezembro 06, 2005

Passarruas pola defesa da Fraga de Menáncaro


PASSARUAS FESTIVO POLA CONSERVAÇOM DA CARVALHEIRA DE MENÁNCARO

Dia 9 de Dezembro, Sexta-Feira, às 19:00 hrs, no Cantom de Ferrol

NOM À ESPECULAÇOM !!

URBANIZAÇOM NOM !!

DEFENDAMOS A FRAGA DE MENÁNCARO !!


ADEGA com a colaboraçom da Asociación Cultural Os Picos do Sol, convoca um passarruas festivo por Ferrol, concentrando-se a vindeira Sexta-Feira, dia 9 de Novembro, desde as 7 da tarde no Cantom de Ferrol, para denunciar a desfeita que pretendem fazer com a fraga de Menáncaro.
--> Leer más...

sábado, dezembro 03, 2005

Escoita o Souto em Rádio Filispim


ADEGA realiza um programa radiofónico, todas as segundas feiras, de 20:00 a 21:00 hrs, em Rádio Filispim, no 93.0 da FM, para a Terra de Trasancos
--> Leer más...

quarta-feira, novembro 30, 2005

Exposiçom fotográfica intereactiva

PARTICIPA ENVIANDO AS TUAS FOTOS
[Preme no cartaz para vê-lo mais grande]

--> Leer más...

sexta-feira, novembro 25, 2005

Acto na defesa da fraga de Menáncaro

PALESTRA NA DEFESA DA CARVALHEIRA DE MENÁNCARO
1 DE DEZEMBRO, QUINTA-FEIRA, ÀS 19:00 HRS.
Na sala de actividades do Ateneo Ferrolán.

+ Apresentaçom dum vídeo elaborado pola SGHN
[de 7 minutos de duraçom]

+
Palestra, com a intervençom de:
- Antonio Gómez
- Juan Ignacio Da'Silva
- Antón Fortuna

Organiza: SGHN - Sociedade Galega de Historia Natural
Colabora: ADEGA - Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza

--> Leer más...

Non á especulación

NON Á ESPECULACIÓN.

Conservemos a Carvalleira de Menáncaro.

A CARVALLEIRA DE MENÁNCARO é unha das poucas manchas de bosque autóctono que se conserva no concello de Ferrol, xunto coa Fraga de Monte Fontelo(A Graña), Fraga da Pega e da Casa do Monte(Leixa) e o aciveiral das Forxas(Covas). Un dos feitos que fai de Menáncaro unha carvalleira singular é a presencia de individuos centenarios de porte excepcional, base dun bosque maduro e de gran biodiversidade. Hoxe está en perigo pola inminente construcción dunha urbanización de chalets (as avantaxes nunca son para tod@s).

A pesar das reiteradas campañas de ADEGA-Trasancos e as alegacións realizadas pola SGHN e propietari@s afectad@s,e ignorando a riqueza destas manchas boscosas, a Administración local non só non se interesa na creación dalgunha forma de protección, senon que está disposta a permitir que a cultura do cemento e o feísmo arquitectónico destrúan un ben de incalculable valor natural, cultural e emocional.

Por todo isto cremos preciso manter e facer medrar este movemento de defensa dos bosques autóctonos e as formas de vida vencelladas a eles. Existen algunhas mostras exemplares de organización para a defensa da árbore e dos bosques autóctonos.

A continuación unha breve reseña:

O MOVEMENTO CHIPKO: as mulleres que apertan árbores. Chipko significa aperta nunha das numerosas linguas indias. E iso é o que facían na década dos `70 un grupo de mulleres do Himalaia para evitar a tala da selva virxe, base da súa estructura socio-económica e cultural. Na actualidade é un movemento amplo que busca a protección das masas boscosas autóctonas, así como modos de producción agrícola respetuosos co medio ambiente e un emprego comunitario e non exclusivamente madeireiro da selva. A auga é un ben común e non explotable.

PERMACULTURA, directamente relacionada co anterior parágrafo, resume o concepto dun ecosistema onde prantas, animais e humáns conviven en equilibrio simbiótico. Polo tanto defende o uso tradicional e non abusivo do bosque. Bill Mollison é un gran expoñente deste movemento.

O CINTO VERDE DE KENIA. Liderado pola recentemente galardoada Wangari Mathai é un movemento feminista que busca, non só a recuperación forestal do país, tamén a integración social e laboral das mulleres, a súa formación para dar pulo ó movemento, evitar a crecente emigración do rural cara o urbán, a recuperación de modos de producción agrícola tradicional e non agresiva co medio,...

BUTTERFLY subiu á secuoia Lúa, de 1800 anos, para evitar que as motoserras a botaran abaixo. Entre as súas polas pasaría os seguintes 738 días. Unha mostra individual, pero valiosa do chipko indio nos nosos días que serviría para concienciar á sociedade norteamericana sobre a necesidade da defensa dos bosques milenarios de secuoia vermella.

ASOCIACIÓN RIDIMOAS: Constitúese en 1989 a partir dunha experiencia no IESP de Ribadavia. A súa actividade céntrase en mercar parcelas de bosque e realizar sobre elas tarefas de recuperación de flora, fauna e solo.


Máis información en:

http://www.adegagaliza.org
adega_trasancos@eresmas.com
Tlf. 616 039 268

http://www.ospicosdosol.org
--> Leer más...

domingo, novembro 20, 2005

Fotografias do Roteiro pola Fraga de Menáncaro, do 20 de Novembro de 2005






















--> Leer más...

Conservemos a Carvalheira de Menáncaro

CONSERVEMOS A CARVALLEIRA DE MENÁNCARO
EVITEMOS A SÚA URBANIZACIÓN


Sabías que as fragas son un dos ecosistemas forestais de maior riqueza botánica e faunística que temos na Galiza e que, debido ao seu esquilme secular, na actualidade só ocupan o 12,5 % da superficie galega?.

Sabías que, debido ás talas indiscriminadas, eucaliptización de montes e vales, proxectos urbanísticos e industriais, infraestructuras, etc. As fragas desapareceron prácticamente do Concello de Ferrol e da bisbarra?.

Sabías que as derradeiras representacións deste tipo de formacións boscosas localízanse hoxe en día nas parroquias ferrolás de Serantes (Fraga de Menáncaro), A Graña (Fraga de Monte Fontelo), Leixa (Fragas da Pega e de Casa do Monte) e Covas (Acivreiral das Forxas)?.

Sabías que, apesares da súa escaseza, importancia ecolóxica e cultural, estas masas arbóreas carecen de proteción legal no municipio ferrolán?.

Sabías que a carvalleira que integra a Fraga de Menáncaro, na que existen carvallos centenarios, va¡ destruirse pola construcción dunha urbanización ("Plan de Sectorización de Menáncara-Serantes")?.

Sabías que un dos proprietarios desta carvalleira é o Sr. Juan Fernández García, Teniente de Alcalde do Concello de Ferrol, posuindo a parcela de maior superficie?.

Sabías que, tanto o Governo local (PP-1F) como a oposición (PSOE, BNG e IU) non fixeron, nen fan, absolutamente nada para evitar a extinción destas masas arbóreas autóctonas no municipio ferrolán?.

Sabías que desde o ano 2001 vense reivindicando a conservación das devanditas fragas e que tanto o Governo local anterior (BNG-PSOE) como o actual (PP-1F) amosaron nulo interese por esta demanda?.

Ah!, non o sabías?. A que esperas entón!. Móvete xál. Colabora con ADEGA na defensa deste patrimonio forestal, antes de que sexa demasiado tarde (adegatrasancos@eresmas.com Tf. 616039268).
--> Leer más...

quarta-feira, novembro 16, 2005

Entre o 2003 e o 2004

* 03/02/2003.- Membros de ADEGA (Trasancos) entrevistanse co Concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Ferrol para falar, principalmente, das actuacións que o Concello tiñaprevisto para combater a maré negra do petroleiro Prestige nos areais Ferrolans. Mais aproveitouse a entrevista para falar tamén da proteción das fragas residuais do territorio municipal.

* 07/03/2003.- ADEGA (Trasancos) remite un comunicado de prensa aos meios de comunicación locais chamando a atención sobre a destrución da Fraga da Pega (Leixa), si se leva a cabo o polígono industrial de Leixa promovido polo Concello de Ferrol.

* 20/03/2003.- Remítese un comunicado de prensa aos meios de comunicación locais informando que con motivo do Dia Forestal Mundial, o Venres 21 de marzal, ás 12:00 hs, ADEGA (Trasancos) tiña previsto un acto reivindicativo na Praza de Armas de Ferrol para demandar, unha vez máis, a protección das fragas de Menáncaro, A Pega, Casa do Monte, Fontelo, As Forxas, etc. No comunicado, expuseronse ademäis a ameazas que padecian ditas masa árboreas.

* 21/03/2003.- Ás 12:30 hs, ADEGA (Trasancos) celebra na Praza de Armas de Ferrol o Dia Forestal Mundial mediante o désplegue dunha pancarta na que se lía "Conservemos os bosques autóctones. Menáncaro, A Pega, Fontelo, ... ". O acto aproveitase para recoller sinaturas a favor da conservación de ditas fragas e repartir un pasquín sobre a súa situación, reivindicando a sua protección.

* 27/03/2003.- O Secretario de ADEGA (Trasancos) entrevístase, simultáneamente co Concelleiro de Urbanismo do Concello de Ferrol, o Sr. Xosé X. Lastra e co Concelleiro de Medio Ambiente, o Sr, Xaquín Ros, para falar da destrucción da Fraga da Pega (Leixa), do Castro de Leixa e das Veigas do Rio Freixeiro como consecuencia da construcción do Polígono Industrial promovido polo Concello de Ferrol na parroquia de Leixa. O Concelleiro manifesta que o catálogo de masas forestais e de xacementos arqueolóxicos do municipio vaise someter a pleno para modificar o P.X.O.M. en vigor, co obxecto de preservar tanto as masas arbóreas de interese como os xacementos arqueolóxicos. Asimesmo, os Concelleiros manifestan tamén a sua vontade de compatibilizar a conservación de, cando -menos, a Fraga da Pega e do Castro de Leixa, co polígono industrial previsto.

* 14/04/2003.- Remítese (vía fax) un escrito á Delegación e Subdelegación do Goberno español para comunicar que o dia 21 do mesmo mes, aproveitando a celebración da Romaria de Chamorro (Serantes), ADEGA (Trasancos) repartiría entre os/as romeiros/as un panfleto informativo e recollería sinaturas para demandar a conservación e protección dos bosques autóctonos ferrolans.

* 21/04/2003.- Aproveitando a popular Romaria de Chamorro (Serantes), ADEGA (Trasancos) pendura unha pancarta na interseción da estrada de Chamorro coa de Covas, co lema "Protección da Fraga de Menáncara, Nom á Urbanización" para, un ano máis, demandar tanto a protección desta fraga como doutras existentes no territorio municipal, ameazadas por plans urbanísticos, vias rodadas, polígonos industriais, talas indiscriminadas, etc. Ademáis, répartense arredor de catromil (4.000) panfletos informativos entre as/os romeiras/os durante toda a xornada e recollense cincocentas noventa e unha (591) sinaturas en defensa das fragas ferrolás. Un ano máis, membros/as da delegación de ADEGA xantan na carvalleira de Menáncaro.

* 05/2003.- ADEGA (Trasancos) remite un escrito (vía fax) á Subdelegación do Goberno español informando que o dia 5 de xuño, ás 12:00 hrs, con motivo do Día Mundial do Ambiente, instalariase unha mesa na Praza de Armas de Ferrol para recoller sinaturas en defensa das fragas existentes no termo municipal, ademáis do desplegue dunha pancarta alusiva e do reparto de folletos informativos á cidadania, nos que se reivindicaba a conservación e protección das citadas masas arbóreas autóctonas.

* 31/O5/2003.- ADEGÁ (Trasancos) entrega no Rexistro Municipal do Concello de Ferrol un escrito informando da recollida de sinaturas na Praza de Armas de Ferrol o día 5 de xuño, con motivo do Dia Mundial do Ambiente; da exhibición dunha pancarta e do reparto de folletos informativos á cídadania, nos que se reivindicaba a conservación e protección das citadas masas arbóreas autóctonas.

* 04/06/2003.- ADEGA (Trasancos) remite un comunicado de prensa aos meios de comunicación locais informando que o dia 5 de xuño, ás 12:00 hs, con motivo do Dia Mundial do Ambiente, recollerianse sinaturas na Praza de Armas da cidade de Ferrol e repartiríanse folletos informativos á cidadania para demandar a conservación e protección das últimas fragas existentes no territorio municipal.

* 05/06/2003.- Con motivo do Dia Mundial do Ambiente, ADEGA (Trasancos) instala unha mesa na Praza de Armas da cidade de Ferrol (entre as 12:00 e as 14:00 hrs) papara recoller sinaturas en defensa das últimas fragas residuais do termo municipal. Asimesmo, desplega unha pancarta alusiva e repartense folletos á cidadania para informar da situación das devanditas fragas.

* 14/10/2003.- A raiz da nova xurdida nos meios de comunicación locais (Diario de Ferrol, 08/10/2003), sobre a pretensión do Conceilo de Ferrol de vender a parcela que forma parte da Fraga da Casa do Monte (parroquia de Leixa) para encher as arcas municipais, calificada no PXOM de Ferrol como Solo Industrial, o Secretario de ADEGA (Trasancos) entrevistase ás 11:30 hs da mañá co Concelleiro de Urbanismo, o Sr. Francisco Pita-Romero, para demandar a protección tanto da citada fraga -evitando a sua venda- como das de Menáncaro (Serantes), A Pega (Leixa), Monte Fontelo (A Graña) e As Forxas (Covas). O Secretario da delegación entregalle ao Concelleiro unha copia do escrito no que ADEGA (Trasancos) solicitara ante o Concello a conservación e protección das citadas fragas, entregado no Rexistro Municipal o 05/10/2001. O Concelleiro cuestiona a posibilidade de preservar a parcela da Fraga da Casa do Monte posta á venda, alegando que xa era demasiado tarde dado que o momento oportuno foi cando se revisoú o PXOM ferrolán e non agora que xa estaba calificada como Solo Industrial. Non obstante, comprometese verbalmente a estudar o asunto unha vez lido o escrito de ADEGA (Trasancos) no que se demanda a preservación das devanditas fragas.

* 14/10/2003.- Ás 16:00 hs da tarde, o Secretario de ADEGA (Trasancos) e vários/as membros/as da SGHN (Ferrol), dirixense á Fraga de Menáncaro (Serantes) para tomar imaxes da mesma con unha cámara dixital de video, co ohxecto de elaborar un pequeno documental. .

* 15/10/12003.- ADEGA (Trasancos) entrega no Rexistro Municipal do Concello de Ferrol un escrito no que solicita unha entrevista simultanea co Alcalde e co Concelleiro de Medio Ambiente para falar da protección para as últimas fragas ferrolás, entre outros asuntos.

* 23/10/2003.- Ás 16:00 hs da tarde, membros de ADEGA (Trasancos) e da SGHN (Ferrol) dirixense á Fraga da Casa do Monte -previa autorización do propietario- para grabar cunha cámara de video dixital imaxes tanto da fraga como do pazo existente, co obxecto de facer un pequeno documental.

* 11/12/2003.- Ás 10:00 hs da mañá, o Vicepresidente e o Secretario de ADEGA (Trasancos) manteñen unha entrevista simultanea co Alcalde-Presidente do Concello de Ferrol, o Sr. Juan Juncal e co Concelleiro de Medio Ambiente, o Sr. Amador Silvar, tras solicitalá por escrito previamente, para falar de diversos asuntos ambientais que afectan ao territorio municipal como a protección das últimas fragas ferrolás, entre outros asuntos. En metade da entrevista o Alcalde ausentase alegando motivos de axenda, amosando desde o principio escaso interese polos asuntos a tratar. A xuntanza continua co Concelleiro de Medio Ambiente até as 11:30 hs sen chegar a tratar a totalidade dos asuntos, dado que tiña que asistir a unha, Comisión de Goberno. Tras versé obrigados a concluir a xuntanza, o Vicepresidente e o Secretario de ADEGA (Trasancos) entregan un escrito no Rexistro Municipal do Concello no que expoñen as consideracións da devandita asociación aos asuntos que se quixeron tratar ademáis de solicitar a solvencia dos mesmos.

* 29/12/2003.- ADEGA (Trasancos) entrega un escrito no Rexistro do Concello de Ferrol no que solicita un exemplar do "Catálogo de masas arbóreas e de exemplares de interese dentro do ámbito da zona rural do Concello de Ferrol ". A día de hoxe continuamos agardando pola entrega dun exemplar.

* 11/04/2004.- Aproveitando a Romaría de Chamorro, membros/as de ADEGA (Trasancos) penduran -unha vez máis- unha pancarta na confluencia da estrada de Chamorro coa de Covas na que se lía: "Proteción da Fraga de Menáncara. Non á Urbanización" para lembrarlles aos/ás romeiros que a devandita masa árborea continuaba ameazada.

* 19/06/2004.- A raíz do incendio forestal orixinado nos Montes de Brión a noite do 18/06/04, afectando pontualmente á fraga do Monte Fontelo (A Graña), o Presidente de ADEGA (Trasancos) fixo un chamamento ás autoridades competentes, a través dos meios de comunicación (Diario de Ferrol e La Voz de Galicia), para que extremaran a vixiancia nestá zona co obxecto de evitar que a Fraga de Monte Fontelo resultara destruida polo lúme; declaracións que foron publicadas no Diario de Ferrol o 20/06/04.
--> Leer más...

terça-feira, novembro 15, 2005

Entre 1995 e o 2002

* 28/12/1995.- Un particular denuncia ante o Concello de Ferrol un vertedoiro de entullos mesturado con R. S.U. que afectaba á Carvalleira de Menáncaro.

* 11/01/1996.- Outro particular denuncia ante o Concello de Ferrol o vertedoiro de entullos que afectaba á Carvalleira de Menáncaro.

* 15/01/1996.- Un particular solicita ante o Concello de Ferrol que a superficie calificada coa Ordenanza 18 (Tolerancia Edificación Contiguo Núcleo Rural) na zona de Menáncaro se sustituira pola Ordenanza 22 (de conservación e protección) para que ficara preservada toda a masa caducifolia.

* 16/11/1999.- ADEGA (Trasáncos) formula alegacións á Revisión e Adaptación do PXOM ferrolán nas que solicita a protección da Carvalleira de Menáncaro (Serantes), sustituindo a calificación do Solo Rústico Apto Para Urbanizar tipo A por Solo Rústico de Protección de Cauce e Paisaxe Agraria; alegación que foi desestimada polo Concello.

* 05/10/2001.- Trala tala indiscriminada do bosque rípicola do Regato da Sardiña, ADEGA (Trasancos) solicita formalmente ante o Concello de Ferrol a protección da Fraga de Menáncaro, mediante unha figura de protección, para evitar a sua desaparición ante a pretensión de urbanizar os terreos. No escrito tamén se pide a protección das fragas de Monte Fontelo (A Graña), da Pega e da Casa do Monte (Leixa), así como o Acivreiral das Forxas-Covarradeiras (Covas).

* 26/02/2002.- ADEGA (Trasancos) formula denuncia ante o Concello de Ferrol contra uns vertidos de terra no lugar de Menáncaro (Serantes) que carecian de licencia municipal e afectaban pontualmente á carvalleira existente no citado lugar.

* 01/04/2002.- Aproveitando a celebración da Romaria de Chamorro na parroquia de Serantes (Ferrol), ADEGA (Trasancos) pendura de varios postes do suministro eléctrico -situados na confluencia do vial que conduce á Ermida de Chamorro coa estrada de Covas- unha pancarta co lema: "Proteción da Fraga de Menáncara, Non á Urbanización ", para reivindicar -unha vez máis a proteción desta fraga residual ameazada pola tala das suas árbores e a urbanización dos terreos. Asimesmo, repartense entre os/as romeiros/as máis de milcincocentos (1.500) panfletos informativos sobre o asunto.

* 06/05/2002.- Entregase no Rexistro Municipal de Ferrol un escrito no que se informa da vulneración da Resolución adoptada polo Concello de Ferrol o 1 de marzo do 2002, respeito ao recheo de terra e a construción da pista denunciados no lugar de Menáncara (Serantes), que obriga a repoñer a legalidade urbanística, devolvendo o perfil do terreo ao seu estado anterior. No escrito especificase que o citado recheo foi retirado parcialmente, máis non na sua totalidade; que a pista non foi eliminada e que o relevo do terreo non foi devolto ao seu estado natural.

* 24/09/2002.- ADEGA (Trasancos) formula denuncia ante o Concello de Ferrol pola tala pontual de Loureiros e Sabugueiros nunha das marxes do Rego de Aneiros; cauce tributario do Rio da Sardiña.
--> Leer más...